29 de Marzo de 2024

,

San Eustasio
29 de Marzo de 2024

,

San Eustasio

O Rocío de Vigo organiza un concerto-oración con Rogelio Cabado ao fío do ano «Familia Amoris Laetita»

O Rocío de Vigo organiza un concerto-oración con Rogelio Cabado ao fío do ano «Familia Amoris Laetita»
Foto: Rogelio Cabado actuará en el Rocío | © Web Rogelio Cabado

O vindeiro martes 30 de agosto, ás 20:30 horas, a parroquia viguesa da Nosa Señora do Rocío, en colaboración coa delegación de Pastoral Familiar da diocese de Tui-Vigo, organiza un concerto-oración co artista católico Rogelio Cabado, ao fío do ano «Familia Amoris Laetitia», que o papa Francisco convocou en decembro de 2020 para celebrar o quinto aniversario da publicación da súa exhortación apostólica Amoris Laetitia na que fala da beleza e a alegría do amor matrimonial.

Coa música de Rogelio Cabado, a parroquia do Rocío e a delegación de familia ofrece unha oportunidade para despedir esta iniciativa promovida polo Santo Pai —e que, oficialmente, clausurouse en Roma o pasado mes de xuño—, pero tamén unha oportunidade para continuar explorando os froitos desta experiencia de Iglesia universal.

Ao longo de todo o curso pastoral, a delegación de Pastoral Familiar organizou diversas actividades enmarcadas dentro dos obxectivos propostos polo ano «Familia Amoris Laetitia» como revalorizar a beleza do matrimonio e visibilizar a exhortación apostólica do papa Francisco. Entre as actividades propostas destaca o encontro de inicio de curso con familias de toda a diocese en Tui ou a celebración da Semana do Matrimonio no mes de febreiro que, entre outras cousas, contou con momentos de oración e compartir entre matrimonios de distintas idades e procedencias.

Sobre Rogelio Cabado

De raíces galegas e estremeñas, é educador de mozos e pai de familia. Nace en Madrid e instálase en Zamora. Realiza os seus estudos de piano e canto en Valladolid, Salamanca e Zamora. Especialízase en dirección coral no Castelo da Mota, cos mestres Javier Busto, Mercedes Padilla, Alberto Blancafort, Alfonso Vega, o que lle leva a compoñer e dirixir gran variedade de estilos musicais desde a dirección de coro á interpretación solista.

Conta con doce discos propios, acompañado por músicos de varios países, ademais da súa colaboración numerosos proxectos de poesía, música, deseño e didáctica. Á vez que traballa en novos proxectos de gravación, imparte cursos de música e composición.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp