15 de Setembro de 2024

,

Nuestra Señora de los Dolores
15 de Setembro de 2024

,

Nuestra Señora de los Dolores

O Románico e o Barroco da diocese de Tui-Vigo na exposición «Vigo non tempo»

O Románico e o Barroco da diocese de Tui-Vigo na exposición «Vigo non tempo»
Foto: El obispo de Tui-Vigo, junto a las autoridades civiles presentes en la inauguración de la exposición «Vigo no tempo»

O venres 10 de novembro, no edificio Fundación Abanca, inaugurouse a exposición «Vigo non tempo» que, ata xaneiro de 2024, exhibirá tres pezas artísticas do Románico e Barroco da diocese de Tui-Vigo que se atopan, de forma habitual, en TUDE: Museo Catedralicio Diocesano. Á inauguración da exposición asistiu o bispo de Tui-Vigo, Mons. Luís Quinteiro, acompañado polo delegado diocesano de Patrimonio e Arte Sacro, Santiago Vega, a subdelegada, María Elvira Larriba, e o párroco de Santiago de Bembrive, Samuel Montes.

A exposición contará con dúas pezas románicas da diocese: unha antefixa do templo parroquial de Santa Cristina de Lavadores e unha metopa da igrexa de Santiago de Bembrive.  Trátase, pois, de dous dos seis templos da cidade olívica que conservan, total —Bembrive— ou parcialmente —Lavadores—, o Románico do século XII —en total, coñécese a existencia de 16 templos da época—. Por último, mostrarase un relevo barroco policromado que escenifica a adoración dos pastores, datado no século XVII, que pertence á concatedral-basílica de Santa María de Vigo.

Desde o 10 de novembro e ata o 20 de xaneiro de 2024, na Sede Afundación Vigo, poderase visitar, gratuitamente, esta exposición de luns a sábados de 11 a 14 horas e de 17.30 a 20.30 horas. Tamén se poderá acceder, no mesmo horario, os domingos e festivos do mes de decembro —excepto o día 25 e as tardes do 24, 31 de decembro e do 5 de xaneiro—.

«Vigo non tempo» é unha das sete mostras que se engloban dentro do proxecto expositivo «Cidades non tempo», que ten como obxectivo reivindicar a Galicia urbana como compoñente clave da identidade e cultura galegas, cun legado que se remonta a séculos de historia. Así, explora a interacción entre o urbanismo, a sociedade e o territorio que conforman as distintas urbes, mostrando o específico de cada unha delas, pero tamén a súa conexión co resto de Galicia. O proxecto é froito da colaboración entre a Xunta de Galicia, a través da Fundación Cidade da Cultura  , e Afundación (Obra Social Abanca).

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp