26/09/2022

,

San Cosme y San Damián
26/09/2022

,

San Cosme y San Damián

O Sagrado Corazón de Vigo ofrece encontros formativos sobre Biblia

O Sagrado Corazón de Vigo ofrece encontros formativos sobre Biblia
Foto: Banco de imágenes gratuito © Cathopic.

A parroquia do Sagrado Corazón de Xesús de Vigo prepara novas sesións formativas sobre Sagrada Escritura para formar aos seus fregueses durante todo o mes de febreiro. O  biblista Julio Álvarez será o encargado de impartir as sesións que comezarán o vindeiro xoves 3 de febreiro ás 20:30 horas, nos locais parroquiais

Esta iniciativa desenvolveuse durante o últimos tres anos, como un curso anual co que a parroquia quere favorecer a formación dos laicos que colaboran diariamente nos labores da comunidade parroquia. Nesta ocasión, os encontros versarán sobre «Os milagres de Xesús» para continuar profundando nos temas tratados en edicións anteriores —o primeiro ano «Introdución á Biblia» e o segundo «A muller na Biblia»—.

Desde a parroquia do Sagrado Corazón animan a participar nesta actividade aberta a todas as persoas interesadas en coñecer máis sobre a Palabra de Deus e proporcionarán todos os materiais para a formación de maneira gratuíta. Os asistentes tan só deberán portar a súa Biblia e un cadernos no que tomar apuntamentos.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp