19 de Febreiro de 2026,
Beato Álvaro de Córdoba

O Sagrado Corazón inicia un curso sobre a historia da caridade da Igrexa

O Sagrado Corazón inicia un curso sobre a historia da caridade da Igrexa

A parroquia do Sagrado Corazón de Xesús (Rosalía de Castro, 56) inicia este mércores 4 de febreiro un curso sobre a historia da igrexa dende a perspectiva da caridade. O curso vai estar formado por un total de 4 sesións, centradas nas 4 idades das igrexas: idade antiga, idade medieval, idade moderna e idade contemporánea.

Tal como conta o profesor que impartirá as sesións, Don Luis Pose -licenciado en historia da Igrexa-, é “un repaso a toda a historia da igrexa centrándose na caridade, de cómo se foi vivindo a caridade cristiá ó longo dos séculos”.

As 4 sesións son sempre ás 20.30H e caen en mércores: a primeira este mércores día 4, despois o día 11, o 25 de febreiro a seguinte e a última o 4 de marzo. A entrada é gratuita e as charlas impartiranse no salón parroquial da parroquia do Sagrado Corazón de Xesús.