8 de Marzo de 2026,
San Juan de Dios

O «Santísimo» loce con esplendor no porto da Guarda

O «Santísimo» loce con esplendor no porto da Guarda
FOTO.- El «Santísimo» en el puerto de A Guarda | © Parroquia de Santa María de A Guarda

Despois de varias décadas abandonado nun almacén, e tras duns intensos traballos de consolidación e restauración, loce de novo no peirao alto do porto da Guarda o «Santísimo»: a unha custodia de grandes proporcións que, esplendorosa, anuncia as festas do Corpus Christi da vila mariñeira e da parroquia de Santa María. Recuperando esta imaxe, e tal e como recorda o canto eucarístico «De rodillas», a comunidade parroquial expresa que «queremos que no centro da vida mariñeira, industrial, lúdica e social reine sobre as cousas a súa ardente caridade».

O domingo 22 de xuño, festa de Corpus Christi, a misa solemne nesta parroquia mariñeira dará comezo ás 17.30 horas. A continuación, haberá procesión coa eucaristía polas rúas da vila que estarán adornadas con alfombras florais, grazas á dedicación e xenerosidade de todas as persoas que están a preparar tanto o material como a liturxia dese día. Mediante estas celebracións, a parroquia quere vivir e comunicar «aos nosos visitantes o amor a Cristo Eucaristía e o desexo de que o seu amor reine entre todos».