12 de Outubro de 2024

,

Nuestra Señora del Pilar
12 de Outubro de 2024

,

Nuestra Señora del Pilar

O Seminario Maior Interdiocesano «Apóstolo Santiago» inaugura o curso 2024-2025

O Seminario Maior Interdiocesano «Apóstolo Santiago» inaugura o curso 2024-2025
FOTO.- Comunidad del Seminario Mayor Interdiocesano de Galicia, junto a los obispos de las diócesis implicadas | © Diocese de Tui-Vigo

O luns 30 de setembro, o Seminario Maior Interdiocesano «Apóstolo Santiago» de Galicia inaugurou o novo curso 2024-2025, cunha eucaristía presidida polo arcebispo de Santiago de Compostela, Mons. Francisco José Prieto, na catedral compostelá; concelebraban os bispos de Mondoñedo-Ferrol, Mons. Fernando G. Cadiñanos, e o bispo de Tui-Vigo, Mons. Antonio Valín. Con esta celebración, emprende a súa andaina de forma oficial este Seminario Interdiocesano, conformado por 23 seminaristas procedentes das dioceses mindonienses, compostelá e tudense, que son atendidos por tres formador pertencentes a esas dioceses.

FOTO.- Seminaristas y formador de la diócesis de Tui-Vigo, junto al obispo y el obispo emérito | © Diocese de Tui-Vigo

Respecto a esta realidade do Seminario Maior Interdiocesano, o bispo de Tui-Vigo, Mons. Antonio Valín, expresou que «o Seminario é unha realidade que, en calquera diocese, é de todos, porque todos somos responsables e parte activa del. Agora tres diocese botamos a andar xuntos nun proxecto de futuro, no que os nosos seminaristas se van a formar con outros doutras dioceses. Toda a realidade diocesana ten que facerse eco disto, porque estes mozos que están no Seminario Interdiocesano van volver á diocese de Tui-Vigo; aí van traballar, van implicarse e van ser pastores»

Durante a eucaristía na catedral compostelá, o arcebispo de Santiago, Mons. Francisco José Prieto, destacou que este proxecto «é unha expresión de comuñón coa Igrexa e con Pedro, á hora de asumir ese horizonte tan significativo que supón a formación dos nosos futuros sacerdotes, pero tamén nesa expectativa dunha formación que é sempre permanente nese ministerio sacerdotal que recibimos como un don». Así, subliñou que o Seminario Interdiocesano é un proxecto «ilusionante que merece a pena e no que temos que implicarnos todos desde o centro, desde Cristo».

Ante a proximidade do Congreso das Vocacións, que se celebrará en febreiro de 2025 en Madrid, o arcebispo compostelán tamén convidou a coidar «o don da vocación recibida desde o seminario e ao longo dos anos do ministerio sacerdotal, porque é unha formación continua, na que toda esa realidade integral do que somos e vivimos —no pastoral, no espiritual, no humano e no intelectual— ten que ser como o armazón sobre o que imos deixando que o Espírito nos constrúa e edifique desde a entrega xenerosa do que somos en dons e calidades».

Pola tarde, desenvolveuse o acto académico de inauguración na aula magna do Instituto Teolóxico Compostelán, que contou co relatorio «Homo capax Dei, homo capax communionis. A fe cristiá como existencia eclesial», impartida polo profesor en Teoloxía Dogmática, Anxo Carniceiro.

O pasado mes de maio, os bispos de Mondoñedo-Ferrol, Santiago de Compostela e Tui-Vigo daban a coñecer a institución dun Seminario Maior Interdiocesano «Apóstolo Santiago» de Galicia. Na  carta enviada aos sacerdotes, os bispos expresaron que «os nosos seminaristas e todo o equipo formativo necesitan o noso apoio nesta nova etapa», subliñando tamén que «todo o noso presbiterio está chamado a sentir o S.M.I. como o seu seminario».

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp