9 de Decembro de 2024

,

San Juan Diego
9 de Decembro de 2024

,

San Juan Diego

O Seminario Maior Interdiocesano celebrou a festa de san Martiño

O Seminario Maior Interdiocesano celebrou a festa de san Martiño
FOTO.- El obispo de Tui-Vigo, Mons. Antonio Valín, junto al arzobispo compostelano, Mons. Francisco José Prieto | © Archidiócesis de Santiago de Compostela

O 11 de novembro, ás 13.00 horas, a capela do Seminario Maior interdiocesano «Apóstolo Santiago» acolleu a misa solemne, presidida polo bispo de Tui-Vigo, Mons. Antonio Valín, e concelebrada polo arcebispo de Santiago de Compostela, Mons. Francisco José Prieto, en honra a san Martiño de Tours. A esta celebración, que finalizou cunha comida de confraternización na Hospedería de San Martín Pinario, asistiron numerosas autoridades civís e militares, ademais de numerosos sacerdotes, membros da vida consagrada e seglares.  

O prelado tudense enumerou algunhas das calidades do santo bispo Martiño de Tours que, fronte ao desarraigamento social que viven tantos homes e mulleres de hoxe, pode iluminar a realidade actual que a Igrexa está chamada a acompañar: Afirmou que, «co seu talante dialogante e pacificador, san Martiño anima a deixar de mirar só os nosos criterios e a tender pontes que nos acheguen, rompendo con posturas extremas que non crean humanidade e escurecen o noso ser pobo de Deus en camiño». E engadiu que, «co seu afán de servizo, Martiño é exemplo daquel que vive para o Reino cun espírito infatigable, sabendo que neste mundo estamos de paso e que a caridade de Cristo úrxenos á misión».

Concluía o bispo de Tui-Vigo, Mons. Antonio Valín, subliñando que «san Martiño é unha luz que nos lembra a nosa vocación de discípulos misioneiros nesta sociedade e na Igrexa actual, tan polarizadas; lémbranos a nosa vocación real de ser sal que dá sabor e luz que ilumina».

O Seminario Maior «Apóstolo Santiago», situado na cidade compostelá, está conformado por 23 seminaristas procedentes das dioceses de Mondoñedo-Ferrol, Santiago de Compostela e Tui-Vigo, que son atendidos por tres formador pertencentes a cada unha destas dioceses: José Antonio Castro Lodeiro, de Santiago de Compostela; Ángel Carnicero Carrera, de Tui-Vigo ;e Juan Manuel Basoa Rodríguez, de Mondoñedo-Ferrol.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp