16 de Xaneiro de 2025,
San Marcelo I

O Seminario Menor de Tui celebra o Nadal

O Seminario Menor de Tui celebra o Nadal
FOTO.- Formadores, seminaristas menores y mayores, junto al obispo de Tui-Vigo | ©Samuel Montes

O xoves 19 de decembro, a comunidade do Seminario Menor «San Paio» de Tui celebrou a proximidade do Nadal, en compañía do bispo de Tui-Vigo, Mons. Antonio Valín, e dos seminaristas maiores da diocese. O prelado tudense presidiu a eucaristía na capela do Seminario e, posteriormente, todos xuntos compartiron unha cea festiva.

O Seminario Menor «San Paio» en Tui ofrece a quen convive alí, todos os medios pedagóxicos de formación humana, intelectual e espiritual, ofrecendo así unha formación integral e un acompañamento personalizado de cada alumno. Na actualidade, conta cun total de 30 alumnos —8 deles, internos—, dando lugar a grupos reducidos na aula, que permiten coñecer aos estudantes e xerar un clima de confianza, capaz de  desenvolver e potenciar todas as súas capacidades e habilidades. Este labor é posible grazas a un claustro composto de 14 profesores e un equipo de 3 formadores.