10 de Outubro de 2024

,

Santo Tomás de Villanueva
10 de Outubro de 2024

,

Santo Tomás de Villanueva

O Seminario Menor de Tui clausura o curso 2020-2021

O Seminario Menor de Tui clausura o curso 2020-2021

O bispo de Tui-Vigo, Mons. Luís Quinteiro Fiuza, clausurará o curso 2020-2021 cunha eucaristía na capela do Seminario Menor San Pelaio de Tui, o vindeiro luns, 21 de xuño, ás 20 horas.

Este acto de clausura leva parello a despedida de dous alumnos que este ano finalizan 2º de bacharelato: Mateo  Castiñeira  Troncoso e Luís Daniel De Sousa Villarino que, xunto con 11 adolescentes internos e outros 40 externos de entre 12 e 17 anos, formaron parte da comunidade do Seminario. Agora, terminada a selectividade comezarán unha nova etapa da súa vida.

Durante a campaña # DSeminario21, promovida pola delegación de Pastoral Vocacional,  Mateo Castiñeiras protagonizou un dos vídeos titulado “Que é o Seminario para un seminarista menor?” no que explicaba que “para min o Seminario é como unha familia”.

En setembro, o claustro de profesores, formado por 14 profesionais, e os 3  formadores regresarán para continuar coa formación integral e o acompañamento personalizado a cada alumno que desenvolven desde hai máis de 170 anos.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp