28 de Marzo de 2024

,

San Sixto III
28 de Marzo de 2024

,

San Sixto III

O Seminario «San Paio » de Tui abre as súas portas para darse a coñecer

O Seminario «San Paio » de Tui abre as súas portas para darse a coñecer
Foto: Alumnos, formadores y profesores del Seminario Menor de Tui

Ante a proximidade da apertura do prazo de pre-matrícula dos centros educativos para o próximo curso escolar, o Seminario Menor «San Paio » de Tui organiza, do 6 ao 10 de febreiro, unha semana de «portas abertas» para dar a coñecer á gran familia —e, á súa vez, gran descoñecida da diocese de Tui-Vigo— que conforma a institución educativa que, desde o ano 1959, no que se constituíu como Seminario Menor, ofrece unha formación integral para todos os seus alumnos. As visitas poden realizarse de luns a venres en horario de mañá, de 9 a 14 horas, e, en horario de tarde, de 15.30 a 17.30 horas, os luns e mércores.

Grazas aos grupos reducidos que estruturan as súas aulas, o Seminario Menor «San Paio » de Tui caracterízase por unha familiaridade que permite coñecer aos alumnos e xerar un maior clima de confianza, capaz de ofrecer  unha formación personalizada a través da que se poden detectar dificultades tanto na aprendizaxe como na convivencia, o que promove un ambiente no que os alumnos poden desenvolver e potenciar todas as súas capacidades e habilidades.

Ademais de impartir formación nos catro cursos de ESO, nos que estudan un total de 38 alumnos, o Seminario Menor ofrece a posibilidade de internado, que conta con 7 alumnos que, a través da convivencia, viven unha experiencia vocacional que lles permite crecer na fe —función principal, do internado—. Para atender a esta comunidade educativa, o Seminario conta con claustro composto de 14 profesores e un equipo de 3 formadores.

O Seminario Menor non só destaca pola súa familiaridade e grupos reducidos, senón tamén pola súa significativa localización no centro da cidade de Tui, que o converte nunha institución recoñecida na mente da sociedade tudense que localiza con facilidade o edificio. Isto supón unha vantaxe á hora de organizar actividades artísticas ou culturais, ao aire libre, na contorna do centro histórico de Tui.

Antonio Menduiña, reitor do Seminario Menor «San Paio » de Tui convida a participar nesta semana de «portas abertas» a que «vingan e coñézannos, porque o Seminario é un gran agasallo para todos os pais e nais da nosa diocese e, por iso , é bo que o abran e descubran o que hai dentro», sen prexuízos porque «persoas e institucións coñecerse a través da relación».

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp