5 de Outubro de 2024

,

Santa María Faustina Kowalska
5 de Outubro de 2024

,

Santa María Faustina Kowalska

O seminarista Miguel Fernandes é instituído lector

O seminarista Miguel Fernandes é instituído lector
FOTO.- Miguel Fernandes recibe el Evangelio de manos de Mons. Luis Quinteiro | © Diocese de Tui-Vigo

Coincidindo coa solemnidade do Sagrado Corazón de Xesús, o 7 de xuño, o seminarista Miguel Fernandes recibiu o ministerio do lectorado, nunha celebración presidida polo bispo e administrador apostólico de Tui-Vigo, Mons. Luís Quinteiro, na capela do Seminario Maior «San Xosé». Este ministerio, que o achega un pouco máis ao sacerdocio, comporta a responsabilidade de ler a Palabra de Deus na asemblea litúrxica, instruíndo ademais aos fieis para recibir os sacramentos.   

En relación ao ministerio do lectorado, Mons. Luís Quinteiro dirixiuse a Miguel expresando que «a Igrexa institúete lector para que animosamente leves a Palabra de Deus como consolo, esperanza, camiño e verdade» e subliñou que a Sagrada Escritura «non é unha palabra pronunciada, senón vivida, realizada, en cada un de nós e en cada momento da nosa vida».  No contexto da solemnidade do Sagrado Corazón, «unha devoción que se centra na persoa de Xesucristo», o prelado lembrou que todo o pobo de Deus está chamado a «vivir esta vocación: levar a plenitude de Xesucristo á vida diaria; alumar a vida espiritual dos cristiáns desde a figura de Cristo».

O pasado mes de decembro de 2023, Miguel, que cursa o seu sexto ano no Seminario, foi admitido como candidato ás Sagradas Ordes. Agora, tras recibir o ministerio do lectorado, continuará o seu proceso de formación ata recibir o ministerio do acolitado, previo ao sacramento da Orde, primeiro como diácono e despois como presbítero.

El seminarista Miguel Fernandes recibe el ministerio del Lectorado | © Diocese Tui-Vigo
« de 10 »
Facebook
Twitter
Email
WhatsApp