O venres 7 de xuño, ás 20.00 horas, na capela do Seminario Maior «San Xosé» en Vigo, o seminarista da diocese de Tui-Vigo, Miguel Fernandes, recibirá o ministerio do Lectorado nunha celebración que presidirá o bispo e administrador apostólico, Mons. Luís Quinteiro. Este ministerio, que o achega un pouco máis ao sacerdocio, conleva a responsabilidade de ler a Palabra de Dios na asemblea litúrxica, instruíndo ademais aos fieis para recibir os sacramentos.
Miguel Ángel Fernandes de Andrade (Maracay, Venezuela, 1977) provén dunha familia numerosa de nove irmáns, cuxos pais de orixe portuguesa emigraron a Venezuela. É licenciado en Contadoría Pública, pola Universidade de Oriente, en Monagas, Venezuela; posteriormente, traballou como funcionario en Pao de Açucar do Grupo Auchan (Portugal). Desde setembro de 2018, tras o seu desexo de ser sacerdote, entra como seminarista no Seminario Maior «San Xosé» de Vigo, onde realizou os estudos de Teoloxía.
O pasado mes de decembro de 2023, Miguel, que cursa o seu sexto ano no Seminario, foi admitido como candidato ás Sagradas Ordes. Agora, tras recibir o ministerio do lectorado, continuará o seu proceso de formación ata recibir o ministerio do acolitado, previo ao sacramento da Orde, primeiro como diácono e despois como presbítero.