12 de Decembro de 2024

,

Nuestra Señora de Guadalupe
12 de Decembro de 2024

,

Nuestra Señora de Guadalupe

O seminarista Miguel Fernandes será admitido como candidato ás Sagradas Ordes

O seminarista Miguel Fernandes será admitido como candidato ás Sagradas Ordes

O domingo, 17 de decembro, ás 18.30 horas, na capela do Seminario Maior «San Xosé» de Vigo, o seminarista da diocese de Tui-Vigo, Miguel Fernandes, recibirá o rito de Admisión ás Sagradas Ordes, de mans do bispo de Tui-Vigo, Mons. Luís Quinteiro Fiuza.  Este rito é o propósito público que fan os aspirantes a recibir o sacramento da Orde, ante o bispo diocesano.

 Miguel Ángel Fernandes de Andrade (Maracay, Venezuela, 1977) provén dunha familia numerosa de nove irmáns, cuxos pais de orixe portuguesa emigraron a Venezuela. É licenciado en Contadoría Pública, pola Universidade de Oriente, en Monagas, Venezuela; posteriormente, traballou como funcionario en Pao de Açucar  do Grupo Auchan (Portugal). Desde setembro de 2018, tras o seu desexo de ser sacerdote, entra como seminarista no Seminario Maior «San Xosé» de Vigo, onde realizou os estudos de Teoloxía.

Na actualidade, Miguel cursa o seu sexto ano no Seminario e, tras ser admitido como candidato ás sagradas Ordes, posteriormente, recibirá os ministerios do lectorado e do acolitado, previos ao sacramento da Orde, primeiro como diácono e despois como presbítero.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp