5 de Outubro de 2024

,

Santa María Faustina Kowalska
5 de Outubro de 2024

,

Santa María Faustina Kowalska

O templo do Sagrado Corazón aberto «24 horas para o Señor»

O templo do Sagrado Corazón aberto «24 horas para o Señor»

A iniciativa do papa Francisco «24 horas para o Señor», que convocabaixo o lema «Camiñemos nunha vida nova», terá lugar este ano no templo parroquial do Sagrado Corazón de Xesús en Vigo, que permanecerá aberto durante 12 horas, o venres 8 e o sábado 9 de marzo, desde as 9 ás 21 horas. Así se ofrece a os fieis a oportunidade de participar en momentos de adoración eucarística e de recibir o sacramento da Reconciliación, pois, aínda que a oración comunitaria está dirixida por distintos grupos, cada fiel pode incorporarse á oración no momento que lle sexa posible.    

O obxectivo é ofrecer aos fieis un templo que permaneza aberto durante 24 horas co Santísimo exposto para a súa adoración continuada, ademais de sacerdotes dispoñibles para administrar o sacramento da Reconciliación. No marco das charlas coresmais organizadas por Acción Católica Xeral, o arcebispo de Santiago de Compostela, Mons. Francisco José Prieto, impartirá unha conferencia ás 11 horas.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp