O venres 24 de xullo, comeza a novena na honra ao Santísimo Cristo da Vitoria de Vigo. Cada día, a misa das 12.00 horas será oficiada por un párroco diferente da zona centro da cidade —previamente, ás 11.30 horas, haberá rezo do rosario seguido da novena—. Polas tardes, os cultos comezarán 19.30 horas e, ás 20.00 horas, predicará a novena o arcebispo-bispo emérito da Seu de Urgell, monseñor Joan Enric Vives.
Ademais, este venres pola tarde, primeiro día da novena, levará a cabo a imposición de medallas aos novos confrades. O último día, o sábado 1 de agosto, tras a eucaristía da tarde, levará a cabo o descendemento do Cristo.
Todas as misas do novenario poderanse seguir por webcam a través de www.cristodevigo.es.
O domingo 2 de agosto, festividade do Santísimo Cristo da Vitoria, haberá misas, cada hora, ao longo de todo o día na concatedral-basílica de Santa María desde as 07.00 horas ata as 19.30 horas, cando comezará a procesión coa imaxe do Cristo polas rúas da cidade olívica. O bispo de Tui-Vigo, monseñor Antonio Valín, presidirá a eucaristía solemne ás 11.00 horas.