O 20 de febreiro, o voluntariado de Cáritas Diocesana de Tui-Vigo asistiu, nos locais parroquiais do Corazón de María, ao segundo seminario de formación que impartiu por vídeo-conferencia, Mariam Ucle, traballadora de Cáritas Diocesana de Sevilla, acerca de «A dimensión universal da caridade». O obxectivo era dar a coñecer as características concretas desta dimensión universal de Cáritas que, a diferenza dunha ONG de desenvolvemento, consiste en crear vínculos de relación e cooperación entre as Igrexas locais, traballando xuntos, enriquecéndose na formulación de proxectos e compartindo o que son e teñen.
Ao longo de todo o curso pastoral 2024-2025, Cáritas Diocesana de Tui-Vigo programou 3 seminarios de formación para o voluntariado, que comezaron no mes de novembro coa primeira sesión ao redor da economía integral. Agora, no mes de febreiro, desenvolveuse a segunda sobre a dimensión universal da caridade e, en maio, o terceiro e último encontro versará os diferentes programas diocesanos que levan a cabo desde a entidade caritativa da Igrexa en Tui-Vigo.
Durante este curso pastoral, Cáritas Diocesana de Tui-Vigo quere fortalecer a participación e pertenza de todas as persoas involucradas coa entidade, establecendo novos procesos que respondan as necesidades identificadas conforme o lema institucional «Alí onde nos necesites, abrimos camiños de esperanza». Estes seminarios de formación son un medio para incrementar, precisamente, a participación do voluntariado, á vez que reciben formación para unha mellor atención e acompañamento das persoas vulnerables que acoden ás diferentes Cáritas.



