28/09/2022

,

San Wenceslao
28/09/2022

,

San Wenceslao

O XIII Ciclo de música de Barcia de Mera vístese de ópera

O XIII Ciclo de música de Barcia de Mera vístese de ópera

Este sábado, 10 de xullo, ás 20 horas, o templo de San Martiño de Barcia de Mera acollerá a ópera María  Estuardo con música de  Schiller e  Donizetti, dentro do  XIII Ciclo de música  relixiosa de San Martiño de Barcia de Mera. A dirección de escena e narración correrá a cargo de Camilo García, mentres que á fronte da dirección musical estará Juan Antonio Álvarez Parello.

Debido ás limitacións de aforo a causa do covid-19, será necesario reservar entrada previamente na recepción do balneario de Mondariz ou a través do número de teléfono: 658 627 525. O custo da entrada será de 5€.

A parroquia de Barcia de Mera, situada no municipio pontevedrés de Covelo, acolle cada verán este ciclo musical que, nesta ocasión, conta cun total de sete concertos programados desde abril ata setembro. Este ano os asistentes poderán gozar de novas producións como “Vésperas  na honra de  san Martiño” interpretada polo grupo  Vox  Stellae  Ensemble, ou a ópera “María Estuardo” con música de Schiller e Donizetti.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp