José Manuel Cabo Peláez, casado con Rosa Mª Cameselle e pai de Adrián Cabo Cameselle, naceu en Asturias fai 68 anos, mais pasou gran parte da súa vida en Cabral.
Ó longo dos anos soubo acompañar a numerosas xeracións de mozos na parroquia de Santa Mariña, a non poucos equipistas da Nosa Señora na nosa Diocese e en Galicia, a centos de noivos, e a todo aquel que se achegaba a el cunha necesidade ou inquietude. José Manuel vivía profundamente o que cría, e co seu bo humor e ironía, soubo abrir corazóns e transmitir o Evanxeo con naturalidade e ledicia, achegando moitas persoas a Deus.
A raíz do seu nomeamento como delegado de Pastoral Familiar xunto con Rosa e Santi Vega, en 2016, o seu compromiso e implicación na Pastoral Familiar, o levaron a traballar en comunión con outras delegacións da Diocese, así como con outras delegacións de Pastoral Familiar de Galicia. José Manuel formou parte da permanente da subcomisión de Familia e Vida da Conferencia Episcopal Española.
A José Manuel non lle costaba nada pasarse largas horas ó teléfono, reunirse cun ou co outro, animar a moitos a participar nas diferentes actividades, estar nos pequenos detalles para que todo fose ben. Xunto con Rosa, entregou moito do seu tempo para que outros tiveran vida en abundancia.
Na nosa Diocese moitas e boas, foron as iniciativas que con el se iniciaron no ámbito da Pastoral Familiar: a celebración diocesana das vodas matrimoniais na Vixilia da Sagrada Familia, proxectos como “conectando xeracións”, as ceas Alpha para matrimonios, a Escola de Familias ou a creación de grupos moi variados: matrimonios mozos e senior, viúvas, separados ou mozos solteros.
GRAZAS, José Manuel, por tanta xenerosidade. O teu testimonio de fe e vida nos acompañarán sempre.
D. Santiago Vega López
Consiliario diocesano de Pastoral Familiar