O domingo, 31 de maio, ás 20.00 horas, na concatedral-basílica de Santa María en Vigo, oito persoas adultas recibiron os sacramentos de iniciación cristiá: Bautismo, Eucaristía (a súa primeira comuñón) e Confirmación. Ademais, sumáronse outros 38 adultos de diferentes parroquias da diocese de Tui-Vigo para recibir o sacramento da Confirmación. A celebración estivo presidida polo bispo de Tui-Vigo, monseñor antonio Valín.



No marco da festa litúrxica da Santísima Trindade, o prelado tudense expresou que «hoxe é un día moi especial, porque hai un grupo de adultos que van recibir o Bautismo e a Confirmación». Citando ao papa Bieito XVI, don Antonio declarou que «ningunha persoa empeza a crer por unha idea; cremos porque nos atopamos cun acontecemento ou unha persoa que nos cambia a vida. Se empezamos a crer, mesmo no medio de moito dúbidas, é porque nalgún momento das nosas vidas, ese Xesucristo pasou de ser un tipo máis da historia para ser alguén que nos cambia a vida. Empezamos a crer porque descubrimos ou intuímos que ese Xesucristo ámanos e ese Deus, ao que o chamaba abba (papá), tamén nos ama. E entón, un di “vou fiar” e creo».


O bispo de Tui-Vigo finalizou cunha petición para os novos bautizados e confirmandos: «hoxe, a Igrexa pídevos que lle digades desde o fondo do voso corazón a ese Deus: “señor, eu quero seguirche, porque a túa palabra me cambia a vida”». Unha petición que fixo extensiva a todos os cristiáns alí presentes: «ese Xesucristo e ese Deus téñennos que cambiar a vida, porque sempre nos fala de amor»
O 9 de novembro de 2023, o bispo emérito de Tui-Vigo, Mons. Luís Quinteiro, decretaba a institución do catecumenado para as persoas adultas que pedisen ser incorporadas á Igrexa mediante os sacramentos de iniciación cristiá. A través da creación do Secretariado diocesano para o Catecumenado, a diocese de Tui-Vigo ofrece orientacións para axudar ás persoas interesadas neste proceso, a creación dunha «escola diocesana para o catecumenado» ou a elaboración dos documentos e materiais necesarios para este proceso, entre outros labores.



