7 de Marzo de 2026,
Santas Perpetua y Felicidad

Once presbíteros participaron na quenda de exercicios espirituais para sacerdotes

Once presbíteros participaron na quenda de exercicios espirituais para sacerdotes
FOTO.- Sacerdotes, junto al obispo de Tui-Vigo, tras la eucaristía de clausura de la tanda de ejercicios espirituales

Entre o 12 e o 17 de outubro de 2025, once presbíteros da diocese de Tui-Vigo e outras dioceses contiguas participaron na quenda de exercicios espirituais para sacerdotes que organizou a Vigairía para o Clero no mosteiro franciscano de San  Diego de Canedo, en Ponteareas. Nesta ocasión, tamén o prelado tudense, monseñor Antonio Valín, se sumou, durante toda a semana, a esta quenda impartida polo sacerdote da diocese de Sigüenza-Guadalaxara e especialista en Teoloxía da Vida Espiritual, ÁngelMoreno de Buenafuente.

Tal e como lembra a Vigairía para o Clero, os exercicios espirituais para sacerdotes, que se organizan unha vez ao ano e están abertos para todos os presbíteros que desexen asistir —independentemente da súa diocese de procedencia—, «son unha das mellores accións pastorais que nós, como ministros ordenados, podemos facer para servir á Igrexa segundo o Corazón de Cristo».