18 de Xuño de 2026,
Santos Marcos y Marcelino

Oración das familias pola visita do papa León XIV

Oración das familias pola visita do papa León XIV

Este venres, 5 de xuño, ás 21.30 horas, no templo parroquial de Nosa Señora do Rocío, a delegación de Pastoral Familiar da diocese de Tui-Vigo unirase á cadea de oración polos froitos da visita do papa León XIV a España. A iniciativa, promovida no marco da preparación desta visita, convida a rezar en familia, organizar vixilias de oración ou utilizar os subsidios preparados para a celebración da eucaristía.

Con motivo desta celebración, a habitual adoración de matrimonios que, cada venres, se desenvolve no templo parroquial do Corazón de María trasládase, de maneira excepcional, á igrexa do Rocío

A delegación de Pastoral Familiar anima ás parroquias, movementos, comunidades e familias da diocese para vivir esta xornada como unha ocasión de graza e comuñón eclesial. A oración enmárcase dentro das distintas propostas preparatorias impulsadas pola Conferencia Episcopal Española con motivo da visita do papa, que ten como lema «Alzade a mirada». Podes ver as dioceses que rezan en esta ligazón

Os materiais de preparación articúlanse ao redor de catro grandes temas: a presenza do papa entre nós; a invitación para levantar a mirada cara a Cristo; a centralidade da eucaristía, expresada na frase «Queda connosco»; e a acollida, como chamada a coidar ao irmán e recoñecer a dignidade de toda persoa.