O venres 28 de xullo, ás 21 horas, o templo parroquial de San Xoán de Panxón acollerá unha oración polas familias que organiza a delegación de Pastoral Familiar da diocese de Tui-Vigo en colaboración coa parroquia, para que as familias que, durante o período vacacional do verán, trasládanse á costa galega poidan, ademais de asistir ao culto dominical, atopar un espazo de oración para crecer, comunitariamente, na fe, lonxe dos seus lugares de referencia.
Nunha entrevista concedida para o programa diocesano O espello de Tui-Vigo, o bispo de Tui-Vigo, Mons. Luís Quinteiro, lembrou a importancia de cumprir co precepto dominical e agradeceu a presenza e a colaboración de todas esas persoas que, durante o verán, colaboran coas parroquias da costa. Neste sentido, engadiu, «no noso litoral está moi coidado isto da atención aos que veñen como turistas, visitantes ou peregrinos que fan o Camiño de Santiago» e pediu aos diocesanos que viaxan durante o verán que «procuren atopar un lugar no que celebrar a misa dominical. Non esquecer en vacacións a Deus é moi importante porque en vacacións temos momentos de goce interior que van ligados á nosa fe».