Desde Cáritas Española enviaron unha serie de indicacións para o traballo de acollida de persoas e familias ucraínas que facilitaron desde a delegación diocesana de Tui-Vigo “como unha resolución a algunhas cuestións que xorden nesta situación tan complexa na que nos atopamos”, explican no seu comunicado.
Ademais destas indicacións, a diocese de Tui-Vigo está xa traballando en establecer unha actuación coordinada e efectiva na acollida desde o pasado luns coa reunión mantida por diferentes representantes de institucións eclesiais presentes na diocese. O obxectivo desta reunión mantida hai unha semana é elaborar unha estratexia de acollida de refuxiados ucraínos, da cal se informará proximamente.
Presentación do argumentario de Cáritas Española
A actual situación de Ucraína e os millóns de persoas afectadas e desprazadas pola guerra sitúannos fronte a un escenario de enorme relevancia e gravidade. A resposta e implicación solidaria da sociedade no seu conxunto está a ser encomiable, e tamén debe selo por parte da Igrexa e de Cáritas como parte dela, posto que non queremos permanecer alleos á dor e sufrimento dos nosos irmáns e irmás ucraínas.
A nosa opción de traballo coas persoas en mobilidade humana forzada contempla as situacións de orixe-tránsito-destino, e por suposto as daquelas persoas desprazadas por conflitos armados, como é o caso de Ucraína..
Con este punto de partida, e dada a multitude de ofrecementos de axuda e apoio que chegan para a acollida na Confederación, elaborouse este documento co obxectivo de recoller e ofrecer unha serie de orientacións e consideracións prácticas a ter en conta nas diferentes accións de acollida e
acompañamento. Este argumentario pode ser de utilidade no día a día para dar resposta aos principais interrogantes e situacións que se nos presentan neste escenario complexo.
É necesario, dadas as circunstancias actuais de emerxencia, que tomedes en consideración que este argumentario constitúe un documento vivo, non pechado, e que sufrirá modificacións futuras, con novas versións, en función de como evolucione a situación de acollida, os resultados da interlocución e o diálogo co Ministerio e as entidades de protección internacional, as necesidades das persoas e familias ucraínas, etc.
Preguntas e respostas de interés sobre a acollida a personas y familias ucraínas
En xeral estannos chegando moitas iniciativas privadas de axuda e solidariedade cara as persoas e familias ucraínas, algunhas ofrecen viaxar e traer ás persoas directamente, outras, aloxalas nas súas vivendas, etc., e temos constancia de que estes ofrecementos están a chegar tamén ás Cáritas Diocesanas de todo o territorio.
Xa que logo, queremos compartirvos a modo de preguntas e respostas un argumentario que poida servos de utilidade nas vosas Cáritas diocesanas, para brindar unha resposta ás situacións que vos estades atopando ao redor da acollida e acompañamento das persoas e familias ucraínas:
Que teño que facer se chega á miña Cáritas Diocesana unha persoa/familia procedente de Ucraína?
A situación de emerxencia actual está a producir diferentes informacións sobre as necesidades das persoas e as respostas da administración, que ás veces son contraditorias, ou que poden levarnos a equívocos. No noso país as persoas que chegan de Ucraína teñen dereito a unha serie de prestacións sociais que cobren as súas necesidades básicas, así como a unha autorización de residencia e traballo. Por este motivo é necesario que o máis axiña posible derivemos a estas persoas ás canles e procedementos oficiais existentes.
Así, se a persoa chegou á nosa Diocesana ou recurso sen pasar polo sistema de acollida, sería necesario facer un traballo de identificación e documentación que lle asegure e conceda dita protección, polo que se recomenda contactar e coordinarse cos teléfonos e/ou entidades asignadas dentro do sistema de protección internacional en cada territorio.
Tomar en consideración que a resposta á emerxencia na chegada están a dala xa desde o Ministerio, entidades e institucións que forman parte do sistema de protección internacional, polo de agora, teñen capacidade suficiente de cobertura nas prazas de aloxamento.
Por iso, o Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións, habilitou un teléfono de información 24 horas, onde poder chamar ante calquera dúbida: (+34) 91-0474444. Ademais deste teléfono xeral, existen diferentes teléfonos provinciais das entidades de primeira acollida, dispoñibles tamén as 24 horas, https://www.inclusion.gob.es/es/ucrania/telefonos/index.htm, e que incluímos tamén no apartado de anexos, onde debedes dirixirvos para informarvos ou derivar a unha persoa ou familia aos devanditos recursos.
Se as persoas/familias necesitan un recurso residencial de emerxencia, onde poden acudir?
Nestes momentos, existe unha canle legal para a entrada das persoas e familias ucraínas no sistema de acollida, e o Ministerio é quen se ocupa dos seus traslados. Habilitáronse tres grandes centros de acollida e distribución das persoas ucraínas que cheguen a España: en Alacante, Madrid e Barcelona. O primeiro dos tres grandes centros de derivación que o Goberno abriu en España para os refuxiados de Ucraína está en Madrid, ten 400 prazas e capacidade para tramitar a documentación de 450 persoas ao día.
Unha vez entrevistadas e detectadas as necesidades das familias/persoas, produciríase a distribución entre os diferentes territorios e entre as entidades financiadas polo Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións, que forman parte da Rede Estatal de Acollida, e que se atopan despregadas en todo o territorio as 24 horas do día para dar resposta inmediata a calquera necesidade de información ou de acollida das persoas desprazadas de Ucraína (ONG XESTIONAN PRIMEIRA ACOLLIDA 24 H).
A última información que dispoñemos, é que esta primeira fase de acollida de emerxencia dispón dun número suficiente de prazas que lles permite cubrir o conxunto das demandas que chegan. Desta forma, a resposta brindarase desde os 3 centros de acollida, máis as prazas adicionais dispostas na Rede de emerxencia coas ONG que xestionan a primeira acollida.
Cal é o noso papel como Cáritas e como podemos colaborar mellor co proceso?
Cando nos preguntamos que máis podemos facer para acompañar ás persoas e familias ucraínas, complementando a acción do Ministerio e das organizacións parte do sistema de protección internacional, é importante, valorar primeiro que necesitamos fortalecer ante esta nova situación. Por iso, propomos que tomando en consideración os criterios que animan a acción de Cáritas (subsidiariedade, complementariedade, adicionalidade, e integralidade) articulemos a resposta de acollida de Cáritas, identificando con claridade onde é máis necesaria a nosa acción social.
Desta forma, non debemos esquecer as situacións tan difíciles que estamos a acompañar entre as persoas migrantes e refuxiadas con outras procedencias que xa temos dentro dos nosos servizos. Para evitar na medida do posible que a actual situación invisibilice as súas necesidades e demandas. Neste sentido, seguimos entendendo a nosa acción como complementaria á acollida de emerxencia que o Ministerio e as ONG están a xestionar, e ofrece múltiples situacións: Vías de comunicación e coordinación coas Cáritas de Ucraína e outras próximas e limítrofes. Estamos a manter unha canle de comunicación directo coas Cáritas Nacionais de Polonia, Moldavia, etc. para valorar como se pode articular unha proposta de traballo conxunto ao redor da acollida de apoio entre Cáritas Nacionais.
Así, unha das posibilidades sería o traslado de persoas ucraínas a España, pero a condición de que se poida asegurar un mecanismo que garanta a súa protección, selección e identificación. É unha vía que estamos a explorar aínda e que ten que ser articulada en coordinación e desde Caritas Europa/Internacionalis, e que está en proceso de valoración…
Canles oficiais e derivación a recursos especializados
Así, as persoas que cheguen aos nosos servizos deberán ser derivadas aos recursos especializados do Ministerio e as ONG de protección internacional que se atopan no noso territorio. Dando apoio puntual e coordinando coas entidades aqueles casos de emerxencia e necesidade.
Neste sentido, vimos mantendo unha canle de comunicación co Ministerio, e polo de agora existe unha canle legal para a entrada das persoas e familias ucraínas no sistema de acollida e de cuxos traslados se ocupa o Ministerio e as ONG, que, de momento, insistimos, non ten necesidade de prazas.
Acompañamento e axudas puntuais
Moitas persoas procedentes da diáspora ucraína xa están aquí, e vimos traballando xa con elas desde Cáritas, non é algo novo. Estímase que en España xa hai preto de 115.000 persoas ucraínas, e en moitos casos o traballo e acompañamento que xa realizamos ten que ver coa posta en contacto das persoas que chegan coas súas unidades familiares ou coa rede de coñecidos e contactos que xa viven en España.
Acollida e integración a medio e longo prazo
Cáritas Española, a partir dunha primeira sondaxe, puxo á disposición das familias ucraínas 1.111 prazas de acollida en toda España por parte de 23 Cáritas diocesanas para acoller en distintos recursos e programas. Estamos nun diálogo permanente co Ministerio e coas outras entidades que forman parte do sistema de acollida, e inicialmente, a proposta é que os nosos recursos de aloxamento se activen nun segundo momento de medio e longo prazo, fóra da emerxencia inicial destes primeiros meses. Desde estes recursos, cubriríanse as necesidades básicas de axudas tanto dos adultos, como dos menores no caso de que os houbese (material escolar, pago de garderías, receitas médicas, pago de documentación, etc.).
O ideal é que estes recursos de aloxamento conten coa presenza dun ou varios profesionais, traballador/a social, traballador/a familiar ou educador/a social, intérpretes, así como a figura dun mediador cultural, que realizan o acompañamento individual/familiar das persoas beneficiarias dos mesmos. Importante tomar en consideración dentro da intervención social, a encamiñada ao acceso/mantemento nunha vivenda digna e adecuada, o acompañamento psicolóxico e emocional, a orientación xurídica, laboral, e outro tipo de accións vinculadas co lecer e tempo libre. Tamén, será fundamental no territorio o voso traballo en rede e a coordinación con outras entidades, así como a derivación segundo avancen os procesos persoais e de inclusión..
Por tanto, será necesario que articulemos iniciativas de acollida que conecten os recursos e os apoios necesarios para un acompañamento integral (que abarque todas as dimensións da persoa), que temporalmente nos sitúe nun escenario de medio e longo prazo.
Estes recursos son principalmente:
- Vivendas en propiedade de Cáritas, Bispado, entidades da Hai que tomar en consideración que deberán ser cesións para o medio ou longo prazo.
- Recursos especializados en Migracións (centros de acollida cun certo nivel de autonomía)..
- Cesión de vivendas e/ou recursos de acollida para o traballo en rede con outras organizacións.
Ademais de agradecer as mostras e ofrecemento de solidariedade que nos chegan, é imprescindible pensar en que, en xeral, os procesos de acompañamento que imos desenvolver coas persoas vanse a producir no medio-longo prazo, fóra da primeira acollida e emerxencia do sistema oficial. Por ese motivo é fundamental que á hora de valorar estes ofrecementos pensemos en:
- a necesidade de garantir ante todo a protección das persoas e/ou familias que van residir nelas,.
- a sustentabilidade deste ofrecemento no tempo e medio-longo prazo,
- a calidade das mesmas, pensando sempre en vivendas dignas e adecuadas que ofrezan as garantías de habitabilidade suficientes.
A pesar de que nun primeiro momento nos xurda a necesidade de axudar e colaborar inmediatamente coas persoas que chegan, como dicimos existen canles legais e formais a través das institucións que xa se están facendo cargo dos procesos de acollida. Para acoller ás persoas e familias ten que existir un procedemento garantista que asegure que as persoas tanto acollidas como acolledoras están seguras e non corren riscos. Así que a recomendación é que as persoas poidan acceder canto antes ao antedito sistema de acollida.
Non se pode. O proceso de acollida a menores é un proceso regulado, e, xa que logo, debe facerse por canles oficiais da administración pública. Trátase dun procedemento que debe cumprir e garantir as medidas de protección adecuadas. As competencias en materia de acollemento téñenas as comunidades autónomas, e todo aquel que queira iniciar o proceso tense que poñer en contacto coas direccións xerais de infancia da súa comunidade.
En xeral, a recomendación é a de canalizar todos os ofrecementos de axuda neste sentido dentro das canles legais formais que falamos. Neste sentido, unha forma será vehicular a axuda directamente coas entidades de protección internacional que traballan no territorio, que son as que coñecen as necesidades e formas de cubrilas sobre o terreo nos países limítrofes. De cara a garantir a protección das persoas, sobre todo de mulleres e nenos e persoas vulnerables, mesmo situacións de trata de persoas, é fundamental que o transporte das mesmas se produza polas canles oficiais seguras, vixiadas e controladas.