9 de Novembro de 2024

,

Dedicación de la Basílica de San Juan de Letrán
9 de Novembro de 2024

,

Dedicación de la Basílica de San Juan de Letrán

Os camiños no rural

Os camiños no rural

Os camiños están abertos

De toda a vida os veciños dunha aldea se xentan para limpar camiños e corredoiras, vieiros e levadas. Unha aportación de cada casa ao ben común e que beneficia a todos. O abandono dos traballos da terra e o coidado dos gandos, a despoboación e o envellecemento da xente, a falta de oportunidades, foi facendo que as casas queden pechadas e as leiras a monte. Os camiños e regos xa non se necesitan e son ocupados polas silveiras. 

Duns anos para aquí estase a ver o boom das actividades da natureza: sendierismo, visitas a enclaves naturais e de interese, os desastrosos vehículos, véxanse os catro por catro, as motos de montaña e os carriños de catro rodas, todos estes que fan máis mal que ben. Pero toda esta opción non me acaba de convencer. Non deixa de ser unha visita a un lugar no que habitualmente non viven, e disfrutar de xeito persoal voltando para casa e ter os servizos que por desgraza non existen no rural. Como podedes ver estou a xeralizar.

Fago este comentario por ser este día pasado a festa de san Cidre, patrón do rural. E o quero compartir convosco. O falo desde unha realidade que ten un potencial enorme, pero que desde sempre, impoñen un modelo que non é posiblemente o que nos axude a medrar coa identidade rural. O primeiro a necesaria rede de comunicacións, e non so boas estradas, senón transportes públicos axeitados ao rural. Non existen nestas parroquias máis que os buses escolares, e unha liña que pasa pola N120, e cada máis o monopolio impón uns criterios de beneficio que están fora das posibilidades. Os servizos de alimentación e necesidades básicas son a través de mercadorías que chegan no coche tenda e nos demáis coches de venta. Desprazarte ao médico ou a calquera xestión bencaria supón un gasto adicional que non teñen que soportar os das cidades. Por que un xubilado na aldea ten que desenvolsar 20€ para poder ir ao banca pagando un taxi, e un xubilado na cidade ten o bus urbano case de balde? Por que os servizos de hospitais están so nas cidades e non podemos ter por comarcas especializacións? Non aforraría moito en transportes de ambulancias? Por que para facer un tratamento ou seguimento de enfermidade tes que soportar horas e horas de ambulancia e todo está nas cidades?

Pro a miña reflexión quere ir máis alá. O rural non avanza so cun turismo de cidade, con agricultura ecolóxica ou con estudos de tradición. Isto xa sabemos que o necesitamos. O rural avanza cando pasemos de ser cidadáns de segunda. Porque para que eu poida hoxe conectarme e ter bo sinal de internet hai varias variantes a ter en conta: que haxa luz eléctrica que no inverno oscila bastante, que teán conexión sen cable, como está o teléfono, que cando marcha a luz non funciona, que poidas cargar con facilidade. E todo cun prezo superior á cidade. A brecha dixital dase no alumnado que non pode seguir un ritmo de informatización, e na poboación en xeral. Sen cable, e o digo como é, sen cable non pode haber unha oferta de xoves que opten por vivir nun rural que sexa unha aposta de futuro.

Pero o rural non o fai so o lugar, senón que o fan sobre todo as persoas. Das que herdamos o auténtico sentir coa terra a coa natureza. Eu non vin a miña avoa abrazar árbores, pero si saber coidar do que tiñamos sen estragar nin aniquilar. Eu non vexo desprezo polos animais na aldea, pero son animais e non se humanizan ata o ridículo. O rural é máis que meter unha desbrozadora por un carreiro para facer unha ruta de senderismo ou un viero de peregrinación. O rural é camiñar coas persoas sabendo que son a riqueza deste mundo.

E por favor non nos manquedes os camiños con eses trastos do demo que meten barullo a esgalla e fan dos vieiros un lameiro. Non nos rompades o silencio co estrondo desas máuinas. Non hai sitio nas cidades para esas trapalladas?

Xabier Alonso

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp