16 de Xaneiro de 2025,
San Marcelo I

Os delegados de Pastoral da Saúde de Galicia reuníronse en Lugo

Os delegados de Pastoral da Saúde de Galicia reuníronse en Lugo

A tarde do luns 16 de decembro, o bispo de Lugo, Mons. Alfonso Carrasco, como responsable en Galicia da Pastoral da Saúde, recibiu aos responsables deste ámbito pastoral nas cinco dioceses galegas. 

Na reunión, fixeron unha valoración das actividades que de forma conxunta levaron a cabo ao longo do pasado curso. Ademais, tamén programaron as iniciativas do actual curso pastoral, entre elas, o xubileu dos enfermos nos santuarios diocesanos durante o ano 2025, para celebrar así o Xubileu que o papa Francisco convocou baixo o lema «Peregrinos de esperanza».