13 de Outubro de 2024

,

Santo Teófilo
13 de Outubro de 2024

,

Santo Teófilo

Os delegados diocesanos reúnense para programar o novo curso

Os delegados diocesanos reúnense para programar o novo curso
FOTO.- Responsables de delegaciones diocesanas, junto al obispo, en la entrada del edificio de la Curia | © Diocese de Tui-Vigo

O venres 13 de setembro, nas oficinas da Curia, os responsables das diferentes delegacións pastorais da diocese de Tui-Vigo reuníronse para comezar a programar o novo curso pastoral 2024-2025. A esta reunión tamén acudiu o novo bispo Mons. Antonio Valín Valdés, que agradeceu o traballo que todas e cada unhas das delegacións veñen desenvolvendo desde hai anos e manifestou o seu desexo de coñecer aos diferentes equipos de traballo de cada unha delas.

Durante a súa ordenación episcopal e toma de posesión, Mons. Antonio Valín afirmaba que «é hora de soñar […]. Necesito que soñedes comigo deste xeito, necesítovos a todos e todas neste empeño, e que nunca nos cansemos de soñar. Así faremos mellor camiño xuntos, apoiándonos, alentándonos». Por iso, o prelado tudense publicará proximamente unha carta pastoral de carácter programático na que poña de manifesto as ideas principais que lle gustaría desenvolver ao longo dos próximos anos.

Cada ano, a diocese de Tui-Vigo presenta o Plan Pastoral que establece e define as principais liñas de acción de la Iglesia diocesana, durante todo o curso. Ante a recente chegada do novo bispo, a Vigairía de Pastoral enviou un comunicado no que expresaba que «para o curso pastoral 2024-2025 non haberá unha programación diocesana explícita, aínda que as delegacións deberán elaborar un programa sinalando as actividades ordinarias que lle son propias».

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp