28/09/2022

,

San Wenceslao
28/09/2022

,

San Wenceslao

Os mozos e mozas celebrarán a Vixilia da Inmaculada en Santiago de Vigo

Os mozos e mozas celebrarán a Vixilia da Inmaculada en Santiago de Vigo

As delegacións de Pastoral Xuvenil e Pastoral Vocacional unen forzas para festexar o Día do Seminario a través dunha Eucaristía e unha vixilia de oración para xoves en Santiago de Vigo. A celebración comezará ás 19:30 e será presidida polo bispo de Tui-Vigo, Luís Quinteiro Fiuza. 

Debido á situación actual, o aforo estará limitado a 120 persoas, capacidade máxima do templo parroquial. Para permitir a participación de todos os mozos diocesanos, mesmo daqueles que por restricións de mobilidade non poidan achegarse a Vigo, o evento será retransmitido en directo a través da canle de Youtube da Diocese.

Ao coincidir a vixilia coa véspera da celebración do Día do Seminario, o acto centrarase especialmente na vocación ao sacerdocio.

Ambas as delegacións, Xuvenil e Vocacional, animaron a motivar a xornada durante os días previos, esperando que «o si de María poida inspirar a moitos a descubrir e seguir a vocación sacerdotal», tal e como declaran na carta publicada o pasado mércores,

O Día do Seminario celébrase habitualmente no mes de marzo, pero, este ano, tivo que aprazarse debido á pandemia, trasladándose ao martes 8 de decembro, día no que se realizará a colecta para o mantemento e promoción dos seminarios diocesanos de Tui e Vigo.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp