4/03/2021

,

San Casimiro

Os nenos da Catequese felicitarán o Nadal ás familias acollidas en Cáritas

Os nenos da Catequese felicitarán o Nadal ás familias acollidas en Cáritas

A delegación de Catequese, xunto con Cáritas diocesana, busca promover entre os  catequizandos a creación de felicitacións do Nadal para entregarllas ás familias acompañadas polo servizo de acollida das Cáritas parroquiais.

Debido ás dificultades xeradas por mor da actual situación sanitaria, este ano non se poderá levar a cabo o tradicional concurso de postais do Nadal «Que pintas en Nadal?». Como consecuencia, tanto a delegación de Catequese, como Cáritas, queren incidir na sensibilización dos máis pequenos acerca da realidade que viven as persoas máis vulnerables, á vez que comparten con elas a súa ilusión e esperanza neste tempo.

A proposta lanzada hoxe ao clero e á rede diocesana de catequistas non especifica un prazo de entrega, de modo que, cada parroquia poida adaptalo ás súas circunstancias, de xeito que as felicitacios poidan chegar o maior número de familias posible.

Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on email
Email
Share on whatsapp
WhatsApp