26/09/2022

,

San Cosme y San Damián
26/09/2022

,

San Cosme y San Damián

Os nenos protagonistas do Domingo de Ramos

Os nenos protagonistas do Domingo de Ramos

O bispo de Tui-Vigo Luís Quinteiro presidiu a misa na igrexa de María Auxiliadora ás 11 horas da mañá.   

Sen procesión durante a bendición dos ramos. Así comezou a eucaristía do Domingo de Ramos que o bispo Luís Quinteiro presidiu ás 11 horas da mañá, rodeado de nenos e nenas da catequese na parroquia salesiana de María Auxiliadora. Alí agradeceu a presenza das familias, especialmente dos máis pequenos que son «os que mellor entenden os misterios de Xesús», explicou o pastor da Igrexa de Tui-Vigo.

No Domingo Ramos, a Iglesia lembra a entrada de Xesús en Xerusalén para cumprir as Escrituras e consumar o Misterio Pascual, centro e culmen da fe católica que ao longo dos próximos días celebraremos, razón pola cal durante a liturxia da Palabra proclámase a Paixón do Señor —nesta ocasión, segundo o Evanxeo de  san Marcos—.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp