1/10/2022

,

Santa Teresa del Niño Jesús
1/10/2022

,

Santa Teresa del Niño Jesús

Os peregrinos de Brasil entregan unha reliquia en madeira dos beatos Manuel e Adilio

Os peregrinos de Brasil entregan unha reliquia en madeira dos beatos Manuel e Adilio
Foto: Durante la procesión al monumento, Teresinha, sobrina del monaguillo Adilio, portó la reliquia.

O luns, durante a celebración presidida polo bispo de Tui-Vigo no templo parroquial de San Xosé de Ribarteme, un grupo de peregrinos da diocese brasileira de Federico Westphalen, en Rio Grande do Sul, que percorreron «os caminhos do Beato Manuel Gómez González», entregaron unha reliquia en madeira procedente de Brasil, que permanecerá na igrexa na que o beato Manuel Gómez recibiu o bautismo e a confirmación.

Durante a celebración, Mons. Luís Quinteiro expresou que «estar hoxe aquí énchenos de emoción. Sei que, para vós que vides en peregrinación, prodúcevos unha emoción moi grande este momento de estar no lugar no que o pai Manuel foi bautizado, onde asistiu a misa. Esa emoción compartímola. Esta diocese tamén, desde a distancia, tentou vivir a beatificación do pai Manuel e do seu monaguillo Adilio». Ao fío da beatificación, o prelado de Tui-Vigo engadiu que «hoxe nós, despois duns anos, lembrarnos iso coa nosa presenza. Sempre nos emocionou que mantivésedes tanta vinculación coa nosa terra».

O recordo da eucaristía de beatificación do 21 de outubro de 2007 no parque municipal de exposicións de Federico Westphalen, mantívoo con vida o sacerdote Jesús Gago que acudiu en representación da diocese de Tui-Vigo ao acto en Brasil e que supuxo, tal e como expresou durante a celebración do pasado luns, «unha graza grande de Deus poder acudir cos familiares do beato Manuel, nesta terra, á beatificación a Federico Westphalen. Chegamos a Nonai e o recibimento e a acollida foi marabillosa en todos os sentidos: persoal, espiritual, económica…».

Tras a acción de grazas, o pai Leandro Piffer, párroco da parroquia do Sagrado Corazón de Xesús no municipio brasileiro de Vista Alegre, entregou ao bispo de Tui-Vigo unha reliquia traída de Brasil: un fragmento de madeira da árbore no que foron martirizados o pai Manuel e o monaguillo Adilio. A esta reliquia, sumáronse outros obsequios entre os que destaca o estandarte dos beatos en agradecemento pola acollida e benvida que, tal e como expreso o pai Tiago Wollman, vicepostulador da canonización dos beatos, «nós non somos só vinte e catro persoas que estamos aquí en peregrinación. Hai moitos familiares unidos a nós neste momento porque, para nós, este é un lugar sagrado».

Unha vez realizada a entrega da reliquia, os presentes na celebración saíron en procesión ata o monumento dos beatos coa reliquia que portou Teresinha, sobriña do monaguillo Adilio, que na actualidade é ministra da eucaristía, tarefa que exerce, segundo explicou, como «unha semente do tío Adilio, porque talvez, se chegase á idade adulta, converteuse en sacerdote ou se mantivo laico como eu» e agora só pide «que a miña fe sexa, cada día, fortalecida» porque desexa «continuar realizando este traballo pastoral».

Ademais da eucaristía compartida coa comunidade parroquial, durante a xornada do luns, os peregrinos puideron visitar diversas igrexas do territorio portugués nas que o pai Manuel exerceu o seu ministerio e coñecer a pequena poboación de san José de Ribarteme —localidade onde naceu o pai Manuel— e a igrexa na que recibiu os sacramentos de iniciación cristiá. Tamén foi unha oportunidade para establecer relación cos familiares do beato.  Ao día seguinte, o martes, este grupo acudiu a Tui para visitar o Seminario onde estudou e a catedral na que recibiu a ordenación sacerdotal. Na súa peregrinación por «vos camiños do beato Manuel Gómez González» estaba previsto que o grupo se achegar se tamén a Santiago de Compostela, a Fátima e a diversas cidades de Portugal.

Peregrinos brasileiros acuden a Ribarteme «polos caminhos do beato Manuel» | © Diocese de Tui-Vigo
P. Tiago Wollman, vicepostulador de la canonización, es vicario parroquial de Nossa Senhora da Luz de Nonoai.
« de 31 »

Sobre o beato Manuel Gómez González

O pai Manuel Gómez naceu en san José de Ribarteme (As Neves) en 1877, no seo dunha familia campesiña. Foi ordenado sacerdote en Tui 1902. Exerceu o seu ministerio sacerdotal durante un breve período de tempo nesta a súa diocese, para logo pasar á de Braga (Portugal) ata que a persecución relixiosa obrigoulle a trasladarse a Brasil. Neste novo destino sería nomeado párroco de Nonoai, vasta parroquia que percorreu ao longo e ao ancho fundando pequenas comunidades, nas que promoveu e organizou a catequese e impulsou a participación sacramental. Con tenacidade e gran celo apostólico logrou vencer a indiferenza de moita xente; así mesmo, contribuía a mellorar a calidade humana na vida dos fieis. Dado que non había escolas naqueles lugares, abriu unha na súa propia casa; nela ensinaba @gratuitamente a nenos e adolescentes. Ademais, como había gran carestía de todo, construíu un forno para a fabricación de ladrillos e así puido edificar a casa parroquial e vivendas para os máis pobres. Restaurou a igrexa e esforzouse por fomentar tamén o cultivo de arroz e patacas. Como testemuñan os que lle coñeceron, era un sacerdote alegre e caritativo.

O bispo pediulle ao pai Manuel que fóra a visitar a un grupo de colonos brasileiros de orixe alemá instalados na foresta de Três Passos. Os fieis indíxenas avisaron ao sacerdote do perigo que correría se penetraba na selva; eran momentos de revolución e loitas sanguentas.  Ao chegar ao emporio, en busca de información sobre como chegar aos colonos, atopáronse con algúns militares que, amablemente, ofrecéronse para acompañalos. En verdade, tratábase dunha emboscada organizada premeditadamente. O pai Manuel e o seu acólito Adílio Daronch (16 anos) foron levados a unha zona remota da foresta, onde os esperaban os xefes militares para asasinalos. Foron maltratados e logo atados a dúas árbores e fusilados, por odio á fe cristiá o 21 de maio de 1924.  Durante o pontificado de Bieito XVI foron beatificados o 21 de outubro de 2007, en Frederico Westphalen, Brasil.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp