20 de Abril de 2026,
Santa Inés de Montepulciano

Os profesores de Relixión da diocese vanse formar en innovación pedagóxica e metodoloxías activas

Os profesores de Relixión da diocese vanse formar en innovación pedagóxica e metodoloxías activas
Biblioteca del Seminario Menor de Tui

Este fin de semana cerca de 80 profesores de Relixión da diocese de Tui-Vigo vivirán no seminario menor de San Pelaio de Tui unha xornada formativa, centrada na innovación pedagóxica na ensinanza relixiosa escolar.

A formación, impartida por Araceli Galán e patrocinada pola Fundación Edelvives leva como título “Do contido ao encontro: pedagoxía da interioridade e didáctica do compromiso”. A idea do encontro é reflexionar sobre o papel da asignatura na escola contemporánea, buscando un equilibrio entre a fidelidade ao mensaxe cristiano e as linguaxes pedagóxicas do alumnado actual.

Na primeira sesión, o venres pola tarde, os participantes abordarán a fundamentación pedagóxica da ensinanza relixiosa escolar, analizando o novo contexto educativo e o papel do profesor de Relixión no marco curricular actual.

Se traballarán temas como o papel do docente como mediador, a pedagoxía da pregunta e o desenvolvemento da interioridade na aula, ou o novo escenario da ensinanza relixiosa na escola pública.

A segunda xornada, que se desenvolverá o sábado pola mañá, estará dedicada á transferencia didáctica, con talleres prácticos para aplicar metodoloxías activas a clase de Relixión.

Finalmente, o evento concluirá cun taller práctico de diseño didáctico, no que os docentes traballarán en grupo para rediseñar unidades de programación dende unha perspectiva innovadora.

HORARIOS:

Horario: Día 13 de marzo, de 17:15 a 21:30 horas,

segundo segue: 17:15 Acollida dos asistentes e presentación das xornadas

17:30 Relatorio: O novo escenario da ERE: o marco LOMLOE

19:30 Relatorio: A pedagoxía da pregunta e a interioridade.

21:30 Remate Día

14 de marzo, de 09:30 a 14:00 horas

09:30 Relatorio: Metodoloxías activas: gamificación, metodoloxías activas, aprendizaxe-servizo.

11:30 Descanso

12:00 Relatorio: Como se avalía o crecemento? Obradoiro práctico sobre innovación. 13:00 Avaliación

09:30 Relatorio: Metodoloxías activas: gamificación, metodoloxías activas, aprendizaxe-servizo.

14:00 Fin das xornadas