Do 9 ao 10 de maio, a diocese de Cartaxena acolleu o VI Encontro de Informáticos e Responsables TIC das dioceses españolas, na que tamén participou o responsable de Informática da diocese de Tui-Vigo, o sacerdote Gabriel Gómez. A Conferencia Episcopal Española organiza estas xornadas de formación para estes profesionais, de forma anual.
Na mañá do 9 de maio, despois de celebrar a eucaristía na Catedral de Murcia, presidida polo bispo de Cartaxena, os participantes asistiron no palacio episcopal a distintos talleres de formación a cargo de profesionais do sector, que versaron sobre transformación dixital e a adaptación de contornas virtualizadas ás necesidades de cada dioceses, entre outras temáticas. Os talleres continuaron pola tarde , tras unha visita guiada ás obras de restauración da fachada da Catedral.
Ao día seguinte, como peche das xornadas, os responsables de informática das dioceses peregrinaron a Caravaca de la Cruz, con motivo do Ano Xubilar. Alí participaron na misa do peregrino no basílica santuario da Vera Cruz e, a continuación, visitaron a exposición The Mystery Man, na antiga igrexa da Compañía de Xesús.