O próximo día 16 de abril, Mércores Santo, ás 12:00 horas, o bispo de Tui-Vigo, monseñor Antonio Valín, presidirá na catedral tudense a Misa Crismal concelebrando co prelado emérito, monseñor Luís Quinteiro, e coa maioría dos presbíteros da diocese, que nesa cerimonia renovan os seus compromisos sacerdotais. Durante a celebración, consagrará o crisma —por iso, “misa crismal”— e bendirá os óleos ou aceites que se usarán nas parroquias para administrar a confirmación, unxir aos catecúmenos ou administrar a santa unción aos enfermos.
O Crisma é utilizado para signar aos bautizados e aqueles que reciben o sacramento da confirmación, unxir nas mans aos que serán ordenados presbíteros, e na cabeza aos que serán consagrados bispos, así como para a dedicación dunha igrexa ou dun altar.
Esta celebración é considerada como unha das principais manifestacións da plenitude sacerdotal do bispo e é tamén signo da estreita unión de os sacerdotes con el.