15 de Setembro de 2024

,

Nuestra Señora de los Dolores
15 de Setembro de 2024

,

Nuestra Señora de los Dolores

Os sacerdotes renovan os seus compromisos sacerdotais na Misa Crismal que preside o bispo

Os sacerdotes renovan os seus compromisos sacerdotais na Misa Crismal que preside o bispo
FOTO.- Celebración de la misa crismal en la catedral de Tui

O próximo día 27 de marzo, Mércores Santo, ás 12 horas da mañá, o bispo de Tui-Vigo Luís Quinteiro Fiuza presidirá na catedral tudense a Misa Crismal concelebrando coa maioría dos presbíteros da diocese, que nesa cerimonia renovan os seus compromisos sacerdotais, e consagrará o crisma   —por iso, “misa crismal”— e   bendirá os óleos ou aceites que se usarán nas parroquias para administrar a confirmación,  unxir aos catecúmenos  ou administrar a santa unción aos enfermos.

Crisma é utilizado para signar aos bautizados e aqueles que reciben o sacramento da confirmación, unxir nas mans aos que serán ordenados presbíteros, e na cabeza aos que serán consagrados bispos, así como para a dedicación dunha igrexa ou dun altar.

Esta celebración é considerada como unha das principais manifestacións da plenitude sacerdotal do bispo e é tamén signo da estreita unión de os sacerdotes con el. 

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp