19 de Abril de 2024

,

San León IX
19 de Abril de 2024

,

San León IX

Os Seminarios de Tui e Vigo celebran o Nadal xuntos

Os Seminarios de Tui e Vigo celebran o Nadal xuntos
Foto: © Banco de imágenes gratuito Pexels.

O vindeiro luns 20 de decembro ás 19:30 horas, co Nadal cada vez máis preto, o Seminario Menor San Pelaio de Tui e o Seminario Maior San José de Vigo únense para festexar o Nadal xuntos cunha Eucaristía presidida polo bispo de Tui-Vigo,  Mons. Luís Quinteiro Fiuza, na capela do centro de formación tudense. Acto seguido, bispo,  formadores e seminaristas compartirán unha cea  fraterna.

Na actualidade, a diocese de Tui-Vigo suma un total de 39 seminaristas —4 maiores e 35 menores, dos cales 7 estudan de maneira interna— que, entre ambos os seminarios, son acompañados por 32 —13 en Tui e 19 en Vigo— profesores e profesoras, 4  formadores e 2 directores espirituais.

Ambas as institucións ofrecen a quen convive nela, todos os medios pedagóxicos de formación, humana, intelectual e espiritual, mediante unha educación integral e un acompañamento personalizado a cada alumno grazas aos grupos reducidos en cada curso, que permiten un maior seguimento por parte do claustro de profesores.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp