3/12/2022

,

San Francisco Javier
3/12/2022

,

San Francisco Javier

Os tres colexios de Xesuitinas de Galicia inauguran o curso na catedral de Santiago

Os tres colexios de Xesuitinas de Galicia inauguran o curso na catedral de Santiago
Foto: Alumnos de los tres centros educativos de Jesuitinas en Galicia ante la catedral de Santiago | © Jesuitinas Galicia

Os centros da Fundación Educativa Fillas de Xesús en Noia, A Coruña e Vigo abriron hoxe venres día 23 o curso cunha Eucaristía especial presidida por Monseñor Julián Barrio, arcebispo de Santiago. Gran parte dos asistentes chega a Compostela tras peregrinar a través do Camiño Portugués e do Roteiro Ría de Muros-Noia, declarada en 2020 como Xacobea pola Igrexa.

É tradición nos colexios de Xesuitinas en Galicia realizar o Camiño nos anos Xacobeo. Nesta ocasión batéronse todos os récords previos de asistencia e chegaron a Santiago para unirse aos peregrinos 15 autobuses repletos de estudantes de todas as etapas educativas, ademais de numerosos vehículos particulares.

Todos puideron acceder á celebración a través da Porta Santa e a cerimonia, que se prolongou desde as 17:00 ata as 18:00 horas, contou con partes cantadas e o lanzamento do botafumeiro para alegría dos asistentes.

Os peregrinos atopáronse co resto de compañeiros horas antes na Alameda de Santa Susana para compartir unha comida con ilusión e alegría mentres cantaron e fixeron seu o lema deste curso: «A dalo todo».

Durante a eucaristía tres alumnos, un de cada centro, realizaron a invocación ao Apóstolo Santiago. Os directores dos colexios tamén participaron coas súas respectivas lecturas. Sen dúbida foi unha experiencia extraordinaria que marcou tanto aos peregrinos como ás familias e alumnos que acudiron a Santiago.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp