28 de Marzo de 2024

,

San Sixto III
28 de Marzo de 2024

,

San Sixto III

Os Vicentinos homenaxean a un modelo centenario

Os Vicentinos homenaxean a un modelo centenario

Ao cumprir os cen anos, o pasado sábado día 19, os compañeiros “vicentinos” —da chamada Conferencia de San Vicente de  Paúl— homenaxearon na parroquia da Paz ao seu compañeiro e espello no que se miran orgullosos, José Fortes Muradás. Como 100 anos conforman unha biografía longa resumímola así: nacido en  Muradás de Ourense, leva 61 anos casado coa súa única esposa, teñen 3 fillos e pasaron 20 anos das súas vidas na emigración en México. Vivindo xa en Vigo ingresou en 1977 na sociedade de  san Vicente de  Paúl de santa Cristina de Lavadores da que en 1979 será elixido presidente e cando se cre a sección da Inmaculada (Os Picos), en 1986, tamén será o presidente da mesma.

José Fortes tivo sempre unha gran preocupación polos máis necesitados e quixo traducila en realizacións eficaces por medio desa sociedade  caritativa: así en 1.994 dá os pasos para que os  vicentinos compren un baixo na rúa Palencia no que empezou a funcionar un comedor para 30 nenos; posteriormente, veranse na necesidade de adquirir dous locais máis para roupeiro e almacén desde os que atenden a numerosas familias necesitadas de Vigo.

A partir do ano 2.005, xa con 84 anos de idade e 23 como presidente da sociedade  vicentina da zona de Vigo, o señor Fortes renunciou por motivos familiares a esas tarefas de caridade en primeira liña e desde entón dedica o seu tempo á oración, a lectura e ao seu horto… Merecida paz de quen tanto se impacientou polos demais!

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp