O domingo 26 de xullo, a as 20.00 horas, a igrexa parroquial de San Xoán de Panxón —Templo Votivo do Mar— acolle a eucaristía presidida polo bispo de Tui-Vigo, monseñor Antonio Valín, para celebra a Xornada Mundial dos Avós e dos Maiores que o papa León XIV convoca baixo o lema «Eu non te esquecerei». A delegación diocesana de Pastoral Familiar, encargada de organizar esta xornada, convida a todas as familias e persoas maiores a sumarse á celebración.
Na súa mensaxe publicada con motivo desta xornada, o papa León XIV lembra que o Señor coñece o rostro de cada un e que o seu amor xamais diminúe, nin sequera na fraxilidade da vellez. A xornada, escribe o santo padre, «é unha oportunidade para redescubrir que a Igrexa está chamada a ser nai de todos e que en calquera idade é posible descubrirse sempre como fillos e fillas de Deus». Dirixíndose directamente ás persoas maiores, o pontífice anímaas a non temer á debilidade —«non teñan medo da fraxilidade!»— e a recoñecer nela unha verdadeira vocación á oración e á reconciliación, pedíndolles que recen con insistencia «para que chegue pronto a paz ao mundo enteiro».
En xaneiro de 2021, o papa Francisco instituíu a Xornada Mundial dos Avós e dos Maiores que se celebrará en toda a Igrexa o cuarto domingo de xullo, próxima á conmemoración da festa litúrxica de san Xoaquín e santa Ana, avós de Xesús.