O sábado 5 de abril, a parroquia da Nosa Señora da Soidade acolleu a convivencia na que participaron unha vintena de mozas das parroquias de Corazón de María, San Pablo, Inmaculada Concepción, Santo Cura de Ars , Santo Ignacio de Loyola, Nosa Señora das Neves, Nosa Señora da Soidade e San Miguel de Bouzas. O encontro foi unha oportunidade para que os mozos destas parroquias, que recibirán o sacramento da Confirmación o próximo 24 de maio, na concatedral-basílica de Santa María, puidesen gozar dun tempo de formación, oración e confraternización con outros mozos da súa idade, que comparten a fe en Cristo.
«Se diferente e brilla» foi o lema desta convivencia no que os confirmandos realizaron diversas dinámicas para descubrir que «Jesús é a luz que nos guía na vida, aínda que non sempre seguimos os seus ensinos e non sempre nos apoiamos na nosa fe», explican desde o equipo de catequistas. O obxectivo do encontro era que os mozos se desen conta «do compromiso que adquiren ao confirmarse, como persoas bautizadas e cristiás, que van recibir o sacramento de madurez na súa vida cristiá e que se debe reflectir nas súas vidas sendo luz para os demais, reafirmando a súa amizade con Jesús».
Por segundo ano consecutivo, as parroquias dos arciprestados Vigo-Teis e Vigo-Casabranca organizaron esta convivencia cos mozos de catequeses que se preparan para recibir o sacramento da Confirmación. Desde hai varios anos, organizan esta celebración de forma conxunta seguindo a acción número tres, proposta no Plan Pastoral para o curso 2022-2023: promover a Confirmación comunitaria por zonas.



