Decidiuse dedicar o seguinte curso a analizar a realidade diocesana e crear un grupo de traballo para elaborar uns cuestionarios que facilitasen a recollida de datos e axudasen a perfilar un retrato actual da vida da diocese. Pedimos a colaboración de todos e todas para que este traballo sexa ben acollido e se reciba un número suficiente de enquisas que permitan cumprir coa finalidade que se propuña.
A Evanxelización coma vocación (Mateo 28, 16-20)
«Todos somos importantes e todos necesarios para facer da nosa diocese unha Igrexa máis viva, ilusionada e ilusionante. Necesítote e espérote; necesítote e conto contigo. Neste curso queremos comezar cun traballo de coñecemento da nosa realidade. Para iso preparamos unhas enquisas que imos facer en parroquias, comunidades e sectores pastorais. Queremos coñecer ben cal é a nosa realidade: forzas, soños, persoas, dificultades, retos, ilusións… para responder con xeito a esta Igrexa de hoxe. Co resultado deste traballo tentaremos aterrar na elaboración dun novo Plan Pastoral Diocesano para os vindeiros anos que non pode ser só un texto nun papel, senón un forte compromiso de cadaquén que, desde a súa vocación bautismal, e chamado polo Señor, axude a transformar a nosa realidade diocesana segundo o que Deus quere»
— Mons. Antonio Valín, bispo de Tui-Vigo