10 de Outubro de 2024

,

Santo Tomás de Villanueva
10 de Outubro de 2024

,

Santo Tomás de Villanueva

A delegación de Pastoral Familiar conecta a mozos e maiores

A delegación de Pastoral Familiar conecta a mozos e maiores

O pasado xoves, 1 de outubro, o colexio San José de Cluny acolleu a presentación da III edición do libro, Conectando Generaciones. No acto participaron os representantes do Instituto da Familia de Ourense, e promotores do proxecto, Xosé Manuel Domínguez e Isabel de Aguiar, xunto cos delegados de Pastoral Familiar da Diocese de Tui-Vigo, Rosa Cameselle e José Manuel Cabo, que colaboraron nesta iniciativa.

O proxecto ten como obxectivo promover un achegamento entre mozos e maiores, co que potenciar os talentos literarios dos primeiros e revalorizar o testemuño vital dos segundos. O libro deste ano conta coa participación de once parellas de Vigo.

Durante a presentación, os asistentes puideron gozar dun vídeo resumen con fotografías e entrevistas, que recollían os froitos desta iniciativa. Tamén se fixo entrega dos exemplares do libro, en formato papel e dixital, a cada un dos participantes.

Debido ás restricións sanitarias do COVID-19, a IV Edición do proxecto Conectando Generaciones non poderá realizarse de maneira presencial. Neste sentido, convidarase os mozos a entrevistar aos seus propios avós para plasmar a súa experiencia nun novo libro.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp