10 de Outubro de 2024

,

Santo Tomás de Villanueva
10 de Outubro de 2024

,

Santo Tomás de Villanueva

Peregrinación a Santiago de Compostela coa delegación de Migracións

Peregrinación a Santiago de Compostela coa delegación de Migracións
Foto: Personas migrantes que participaron en la convivencia fraterna organizada por la delegación el 25 de septiembre de 2022 | © Diocese de Tui-Vigo

O vindeiro sábado, 1 de outubro, a delegación diocesana de Migracións organiza unha peregrinación a Santiago de Compostela para todas aquelas persoas migrantes e/o refuxiadas que queiran gañar o xubileu neste ano santo compostelán. Os interesados poden inscribirse a través da seguinte ligazón.

A participación supón un custo de 10€ que inclúe o transporte de ida e volta en autobús —a saída desde Praza España en Vigo está prevista para as 8 horas e a chegada para as 21 horas—. As persoas interesadas en participar poden abonar o custo da inscrición mediante Bizum ao número de teléfono 606 66 77 77; a través do número de conta ES35 2080 5073 0530 4000 6070; ou en efectivo na parroquia de Santa Marta de luns a sábado en horario de 19 a 20 horas.

Con esta e outras moitas iniciativas, a delegación de Migracións de Tui-Vigo, tal e como explicou o seu delegado Alberto Montes no programa O Espello de Tui-Vigo da cadea COPE, quere converterse nun «punto de acollida, de encontro, quere ser para eles un lugar seguro e, se me permiten, quere ser para eles un cachiño da súa terra onde eles sentan a gusto, queridos e protagonistas do futuro que viñeron a construír. Por suposto, o máis importante, aquí na nosa delegación terán un lugar para atoparse con Cristo migrante». 

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp