A delegación de Pastoral de Santuarios e do Turismo organiza, como é habitual en cada Ano Santo Compostelán, unha peregrinación diocesana á cidade do apóstolo que, nesta ocasión, levará a cabo o 17 de maio de 2022, coincidindo co festivo autonómico do Día dás Letras Galegas. Os interesados en inscribirse poden facelo preguntando na súa parroquia de referencia antes do 1 de maio.
Que é o Ano Santo Compostelán?
O Ano Santo ou Ano Xubilar Compostelán é un tempo no que a Iglesia concede singulares grazas espirituais aos fieis, a imitación do que a Biblia di do ano xubilar dos israelitas: Cada 7 anos era Ano Sabático, nel recuperaba as terras quen as vendía por necesidade e os escravos adquirían a liberdade. Cada 50 anos era Ano Xubilar (Lv, 25).
Xesús di que El vén anunciar un ano de graza do Señor (Lc, 4,16).
A Igrexa Compostelá, co seu Ano Santo, concede tamén un especial ano de graza.
Cando é Ano Santo Compostelán?
É Ano Santo compostelán cando o 25 de xullo, Conmemoración do Martirio de Santiago, coincide en domingo. Prodúcese coa periodicidade 11, 6, 5, 6 anos. Ten a súa orixe en 1122, co Papa Calisto II, confirmado posteriormente polo Papa Alexandro III na Bula “Regis aeterni” de 1179, conferíndolle perpetuidade.
A Sede de Pedro encomiou reiteradamente ao longo dos séculos a peregrinación a Santiago e o Ano Santo.
“Exhortámonos a todos amadísimos fillos a seguir esa vía de fidelidade evanxélica, de autenticidade cristiá e de iluminada esperanza que, a través dos séculos, guiou a tantas almas ata o Templo Compostelán” (Paulo VI: A. St 1971).
“Comparto a alegría…polo tempo de graza e perdón que o Señor se digna conceder, unha vez máis, á querida comunidade de España e de toda a cristiandade…que o Xubileu sexa para todos ocasión de verdadeira reconciliación” (Xoán Paulo II: A St 1982).
“Convido os peregrinos a que fagan provisión das suxestivas experiencias de fe, caridade e fraternidade que atopen na súa andaina, a que vivan o Camiño sobre todo interiormente, deixándose interpelar pola chamada que o Señor fai a cada un deles. Así poderán dicir con gozo e firmeza no Pórtico da Gloria: «Creo»” (Bieito XVI: A St 2010).