Do 12 ao 16 de xuño a Hospitalidade da Nosa Señora de Lourdes da diocese de Tui-Vigo organiza unha peregrinación ao santuario de Lourdes, en Francia. Alí, os peregrinos poderán asistir a todos os actos oficiais do santuario, e pasar xuntos uns días en comunidade.
Para o aloxamento existe a posibilidade de cuarto dobre ou individual, incluíndose en ambos os casos pensión completa eses cinco días de peregrinación. O prezo para a dobre é de 430 e a individual sairía a 520 euros.
Para obter máis información e para inscrición á peregrinación podes contactar en horario de luns a venres de 11.00 horas a 13.00 horas ao seguinte número de teléfono 633 52 37 57.
Cada día, desde hai máis de 160 anos, o Santuario da Nosa Señora de Lourdes acolle a peregrinos de todo o mundo, especialmente aos máis fráxiles e sufrientes, para que todos poidan facer a experiencia da graza de Lourdes. O Santuario é a primeira rede mundial de hospitalidades ao servizo dos enfermos e conta co apoio da comunidade dos Amigos de Lourdes, formada por mecenas, benefactores, voluntarios e organizadores de peregrinacións a Lourdes.
Desde as aparicións da Virxe María en 1858, millóns de persoas de todo o mundo acoden cada ano a Lourdes para descubrir a graza deste lugar. O santuario da Nosa Señora de Lourdes é ante todo un lugar de curación dos corpos e dos corazóns, onde a xente vén rezar humildemente á que revelou o seu nome a Bernardita Soubirous: «Eu son a Inmaculada Concepción».
