15 de Setembro de 2024

,

Nuestra Señora de los Dolores
15 de Setembro de 2024

,

Nuestra Señora de los Dolores

Peregrinación diocesana ao santuario de Lurdes

Peregrinación diocesana ao santuario de Lurdes
Foto: Gruta de las apariciones en el santuario de Nuestra Señora de Lourdes | © Sanctuaire Notre-Dame de Lourdes

Do venres 16 ao martes 20 de xuño, a Hospitalidade da nosa Señora de Lurdes da diocese de Tui-Vigo organiza unha peregrinación ao santuario francés de Lurdes na que se poderá asistir a todos os actos oficiais, con visitas turísticas pola cidade. As persoas interesadas poden inscribirse como peregrinos ou ben como hospitalarios, axudando e acompañando aos enfermos que asistan —a organización lembra que, neste segundo caso, importan máis a boa vontade que a formación—.

A inscrición, cun prezo de 375€, inclúe a pensión completa en habitación compartida, con todo incluído desde a saída ata a chegada. As persoas que estean interesadas en reservar praza poden facelo os luns, en horario de 18 a 20 horas, na sancristía do templo parroquial de María Auxiliadora.  Para máis información poden contactar a través dos números de teléfono: 986 29 15 83 ou 686 56 05 92.

Cada día, desde hai máis de 160 anos, o Santuario da nosa Señora de Lurdes acolle a peregrinos de todo o mundo, especialmente aos máis fráxiles e sufrientes, para que todos poidan facer a experiencia da graza de Lurdes. O Santuario é a primeira rede mundial de hospitalidades ao servizo dos enfermos e conta co apoio da comunidade dos Amigos de Lurdes, formada por mecenas, benfeitor, voluntarios e organizadores de peregrinacións a Lurdes.

Desde as aparicións da Virxe María en 1858, millóns de persoas de todo o mundo acoden cada ano a Lurdes para descubrir a graza deste lugar. O santuario da nosa Señora de Lurdes é ante todo un lugar de curación dos corpos e dos corazóns, onde a xente vén rezar humildemente á que revelou o seu nome a Bernardita Soubirous: «Eu son a Inmaculada Concepción».

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp