O sábado 11 de outubro, a parroquia da Nosa Señora da Franqueira organiza unha peregrinación xubilar desde Paraños ata o santuario da virxe que é un dos tres templos xubilases da diocese tudense durante o Xubileu 2025, que o papa Francisco convocou baixo o lema «Peregrinos de esperanza». A inscrición pode realizarse a través do correo electrónico info@afranqueira.org ou do número de teléfono 609 47 25 91.
Ás 08.30 horas, todos os participantes atoparanse no santuario da Franqueira, onde collerán o autobús para trasladarse á igrexa de Paraños , onde comezará a peregrinación. Á súa chegada ao santuario celebrarase a misa xubilar. Ademais, os peregrinos que o desexen poderán utilizar as duchas do santuario.
O 29 de decembro de 2025, coincidindo coa inauguración do Xubileu 2025 na catedral tudense, a diocese de Tui-Vigo estableceu tres templos xubilases para que todas aquelas persoas que teñan dificultades para peregrinar a Roma poidan gañar tamén a graza do Xubileu: a catedral en Tui, a concatedral-basílica en Vigo, a capela do Fogar-Clínica San Rafael en Vigo e o santuario da Nosa Señora da Franqueira.