19 de Abril de 2025,
San León IX

Peregrinación xubilar «Via crucis da Paradanta»

Peregrinación xubilar «Via crucis da Paradanta»

Seguindo coa iniciativa «Camiños xubilases» que organiza a parroquia da Nosa Señora da Franqueira para celebrar o Ano Xubilar 2025, que o papa Francisco convocou baixo o lema «Peregrinos de esperanza», programouse un novo encontro no santuario mariano o sábado 12 de abril, ás 09.00 horas. A inscrición pode realizarse a través do correo electrónico info@afranqueira.org ou do número de teléfono 609 47 25 91.

Nesta ocasión, o encontro dará comezo na Franqueira e peregrinarase cara a Paradanta, realizando o rezo do vía crucis. Acompañados pola cruz xubilar, intercederase de forma especial polos enfermos. De regreso ao santuario, os peregrinos poderán utilizar as duchas do santuario.

O 29 de decembro de 2025, coincidindo coa inauguración do Xubileu 2025 na catedral tudense, a diocese de Tui-Vigo estableceu tres templos xubilases para que todas aquelas persoas que teñan dificultades para peregrinar a Roma poidan gañar tamén a graza do Xubileu: a catedral en Tui, a concatedral-basílica en Vigo e o santuario da nosa Señora da Franqueira. A estes tres templos sumouse tamén a capela do Fogar-Clínica San Rafael en Vigo. Ademais, tamén está prevista unha última peregrinación a Roma durante o mes de xuño.