16 de Marzo de 2026,
San Heriberto

Peregrinos do Camino Neocatecumenal de Tui – Vigo visitan Terra Santa

Peregrinos do Camino Neocatecumenal de Tui – Vigo visitan Terra Santa

O pasado 14 de febreiro finalizaba, despois de 8 días, a peregrinación a Terra Santa da 1ª Comunidade Neocatecumenal da parroquia de Santiago o Maior de Vigo.

Durante esta experiencia, o grupo de peregrinos da nosa diocese tivo a oportunidade de aumentar o amor a Xesucristo na propia terra do Señor, especialmente ó seu paso por Galilea e Xerusalén. E é que, tal e como afirmaba san Xustino, esta terra é como o “quinto evanxeo”, a que pisou o Señor, na que viviu, morreu e resucitou. Nos diversos enclaves visitados, os fieies viviron momentos inesquecibles, celebrando a liturxia en comunidade e experimentando o amor fraterno a semellanza dos primeiros cristiáns, ante os que exclamaban: “¡Mirade cómo se aman!” (Tertuliano).

Trátase da última das etapas do itinerario neocatecumenal, unha realidade eclesial de nova evanxelización que propoñe a formación católica para a iniciación na fe nas dioceses, ao servicio da Igrexa universal. Con máis de 60 anos de historia, este Camino comenzou na nosa diocese no ano 1979, primeiro en Tui e pouco despois en Vigo, creando durante anos unha comunidade de irmáns onde vivir a fe na parroquia a través das celebracións da Palabra, a celebración da Eucaristía en pequena comunidade e a vivencia comunitaria en retiros. Durante estos case 50 anos na Diocese de Tui-Vigo, o Camino Neocatecumenal configurouse como unha realidade pequena que deu moitos froitos de fe en matrimonios, mozos e sacerdotes.

Raúl Viana, misioneiro itinerante do Camino Neocatecumenal, da parroquia Santiago o Maior (Vigo).