16 de Marzo de 2026,
San Heriberto

Persoas migrantes da diocese de Tui-Vigo celebran a canonización dos primeiros santos venezolanos

Persoas migrantes da diocese de Tui-Vigo celebran a canonización dos primeiros santos venezolanos
FOTO.- Alberto Montes, consiliario de la delegación de Personas Migrantes, presidió la eucaristía

O domingo 26 de outubro, o templo parroquial da Inmaculada Concepción en Vigo acolleu a eucaristía en honra ao doutor José Gregorio Hernández e a madre Carmen Rendiles, primeiros santos venezolanos canonizados o pasado 19 de outubro polo papa León XIV en Roma. A celebración, presidida polo consiliario da delegación diocesana de Persoas Migrantes da diocese de Tui-Vigo, Alberto Montes, estivo organiza pola Federación Venezolana en Galicia.

Durante a eucaristía, bendíxose a imaxe do santo e doutor, José Gregorio Hernández, que desde agora poderase venerar no templo vigués da Inmaculada Concepción. Nesta mesma igrexa, hai unha imaxe da virxe de Coromoto, patroa de Venezuela. 

Ademais desta eucaristía celebrada con motivo da canonización dos novos santos, a delegación de Persoas Migrantes da diocese de Tui-Vigo organizou, o pasado mes de setembro, un cinefórum sobre a vida e legado do Dr. José Gregorio Hernández, nos locais parroquiais do Corazón de María en Vigo. Esta xornada contou coa participación do sacerdote Justo Paiva, o diácono Miguel Ángel Fernándes e a doutora Lucía Cadrado; os tres compartiron os seus coñecementos e testemuño sobre a vida de José Gregorio, médico dos pobres e testemuña de fe.