16 de Xuño de 2024

,

Juan Francisco de Regis
16 de Xuño de 2024

,

Juan Francisco de Regis

«Polo camiño da fe» emite un episodio sobre a consagración do Seminario de Tui ao Corazón de Xesús

«Polo camiño da fe» emite un episodio sobre a consagración do Seminario de Tui ao Corazón de Xesús
FOTO.- Fragmento do programa «Polo camiño da fe» | © Televisión de Galicia

O domingo 26 de maio, o programa da Televisión de Galicia (TVG) Polo camiño da fe emitiu un programa sobre a consagración do Seminario Menor de Tui ao Sagrado Corazón de Xesús e a celebración das vodas sacerdotais de diamante, ouro e prata de sete presbíteros, así como as vodas de prata episcopais de Mons. Luís Quinteiro. Ambas as celebracións tiveron lugar en Tui, o 13 de maio de 2024.

Polo camiño da fe é un programa relixioso producido pola provincia eclesiástica de Santiago de Compostela e emitido a través da Televisión de Galicia, todos os domingos, ás 09:45 horas. Posteriormente, comeza a retransmisión da eucaristía desde a cidade compostelá, no templo parroquial de San Frutuoso.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp